Desde o ano 1990 a nosa Asociación promove este certame, co obxectivo de fomentar a creación escrita, especialmente entre as xentes da zona da Alta Montaña de Lugo, aínda que está aberto á participación de calquera persoa que escriba en lingua galega (Consultar as Bases Xerais).

A través dos traballos presentados nas diferentes categorías (infantil, xuvenil e adultos) e modalidades (relato e poesía) recóllese o léxico da zona, así como as lendas e historias que caracterizan o imaxinario popular dos concellos da montaña luguesa. Ademais, tamén agardamos que este Certame Literario sirva para animar a todas aquelas e aqueles que quizais inician a súa andaina como escritoras ou escritores.

A literatura é a arte da palabra. A Asociación Cultural A Pipa impulsa o emprego da palabra como vehículo expresivo e artístico.

1990
1996
2000
2004
2008
1993
1997
2001
2005
2009
1994
1998
2002
2006
BASES XERAIS DO CERTAME.
1995
1999
2003
2007

I CERTAME LITERARIO “A PIPA” 1990 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA

Organizado conxuntamente coa Asociación Cultural ARELA de Becerreá.

Dirixido ao alumnado do Colexio Público de Becerreá, na modalidade de Contos ou Relatos.

Premiábase a participación cun pequeno agasallo concedido pola A.C. ARELA e polo Concello de Becerreá.

   
 
 Asociación Cultural “A PIPA” de Becerreá. CIF. G-27181825. Rúa Ancares, 57. 27640 BECERREÁ (LUGO). Email / Web Master Exóticopop