Desde o ano 1990 a nosa Asociación promove este certame, co obxectivo de fomentar a creación escrita, especialmente entre as xentes da zona da Alta Montaña de Lugo, aínda que está aberto á participación de calquera persoa que escriba en lingua galega (Consultar as Bases Xerais).
A través dos traballos presentados nas diferentes categorías (infantil, xuvenil e adultos) e modalidades (relato e poesía) recóllese o léxico da zona, así como as lendas e historias que caracterizan o imaxinario popular dos concellos da montaña luguesa. Ademais, tamén agardamos que este Certame Literario sirva para animar a todas aquelas e aqueles que quizais inician a súa andaina como escritoras ou escritores.
A literatura é a arte da palabra. A Asociación Cultural A Pipa impulsa o emprego da palabra como vehículo expresivo e artístico.