As Noites Poéticas d’A Pipa comezaron o 28 de decembro de 1996 con Uxío Novoneyra. Desde aquela ata o 2008 celebramos dezasete veladas, das que foron protagonistas: Manuel María (28/12/1997), Helena Villar Janeiro (26/07/1998), María Xosé Queizán (28/12/1998), María do Carme Kruckenberg (28/12/1999 e 29/12/2000), Chus Pato (28/12/2000), Marica Campo (28/12/2001), Xesús Rábade Paredes (28/12/2002), María do Cebreiro (29/12/2002), Cristal Méndez Queizán (28/12/2003), Bernardino Graña (2/01/2005), Darío Xohán Cabana (28/12/2005), Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas (27/12/2006), Manuel Lourenzo (29/12/2007), María Xosé Queizán (27/12/2008), e Manuel Rivas (28/12/2008).

As Noites Poéticas d’A Pipa son unha homenaxe ás escritoras e aos escritores da literatura galega. Trátase dun achegamento directo ao seu labor creativo, á súa filosofía e á súa persoa. A velada consta de, polo menos, tres partes. Na primeira establécese unha conversa distendida coa escritora ou escritor, guiada por membros d’A Pipa, na que está convidado a participar todo o público. A segunda parte soe ser un espectáculo teatral con textos do autor/a homenaxeado/a, que será, asemade, quen faga o recital co que se pecha o acto. E como as Noites Poéticas son unha festa da palabra. A palabra literaria e a encarnada na acción teatral. Non pode haber unha festa sen un brinde e un cóctel final.

  1ª Noite Poética 1996 con UXÍO NOVONEYRA.   11ª Noite Poética 2003 con CRISTAL MÉNDEZ QUEIZÁN.
  2ª Noite Poética 1997 con MANUEL MARÍA.   12ª Noite Poética 2004 con BERNARDINO GRAÑA.
  3ª Noite Poética 1998 con HELENA VILLAR JANEIRO.   13ª Noite Poética 2005 con DARÍO XOHÁN CABANA.
  4ª Noite Poética 1998 con MARÍA XOSÉ QUEIZÁN.   14ª Noite Poética 2006 con ANISIA MIRANDA, XOSÉ NEIRA VILAS
  5ª Noite Poética 1999 con MARÍA DO CARME KRUKENBERG.   15ª Noite Poética 2007 con MANUEL LOURENZO.
  6ª Noite Poética 2000 con CHUS PATO.  
  7ª Noite Poética 2000 con MARÍA DO CARME KRUCKENBERG  
  8ª Noite Poética 2001 con MARICA CAMPO.  
  9ª Noite Poética 2002 con XESÚS RÁBADE PAREDES.  
  10ª Noite Poética 2002 con MARÍA DO CEBREIRO.  

 

 

 
 Asociación Cultural “A PIPA” de Becerreá. CIF. G-27181825. Rúa Ancares, 57. 27640 BECERREÁ (LUGO). Email / Web Master Exóticopop