|
| |
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Asociación Cultural “A PIPA” de Becerreá.
CIF. G-27181825. Rúa Ancares, 57. 27640, BECERREÁ..
apipadebecerrea@gmail.com |
 |
AFONSO BECERRA DE BECERREÁ (Becerreá, Lugo 1973).
Actualmente exerce a docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Pertence ao Consello Asesor do CDG (Centro Dramático Galego) e ao Consello de Redacción da RGT (Revista Galega de Teatro). É Master en Artes Escénicas pola Universitat Autònoma de Barcelona (2003). Licenciado en Arte Dramática na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia (2000) pola Escola Superior d’Art Dramàtic do Institut del Teatre de Barcelona. Titulado en Arte Dramática, na especialidade de Interpretación (1996) polo Instituto del Teatro y de las Artes Escénicas do Principado de Asturias (...).
|
 |
ALÍCIA CHAO PENELA (Torallo, Becerrea, Lugo, 1975)
Sempre é complexo falar de un mesmo e máis cando non hai moito que dicir,pero como é necesario presentar o “Camiño da vida” que ata o de agora levamos percorrido comenzarei dicindo que me chamo Alicia Chao Penela ,que nacín no pobo de Torallo no que vivo, o 10 de outubro do ano 1975 baixo o signo de libra, ,pertenzo a parroquia de Augueira, da vila de Becerreá, o meu teléfono e o 606076358 e o meu e-mail torallo@hotmail.com,. estudie na universidade de Santiago de Compostela Filoloxía Hispanica e o primeiro ciclo de Filoloxía galega, así como o curso de Adaptación Pedadgóxica e o Ciclo Inicial do idioma galego na Escola Oficial de Idiomas de Lugo (...).
|
 |
AMPARO BECERRA ARROJO (Becerreá, Lugo 1974).
LICENCIADA EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS,
Facultade de Administración e Direción de Empresas de Lugo (xuño 2003)
DIPLOMADA EN CIENCIAS EMPRESARIAIS,
Especialidade: Empresa Financieira
Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Lugo (xuño 2000).
Curso de Internet (Novas Tecnoloxías) e Novos Mercados (China). Confederación Española de Organizacións Empresariais (2008). (...).
|
 |
XAVIER FERNÁNDEZ (Becerreá, Lugo 1974).
Hola, chámome Javier, teño 46 anos, estou casado e teño dous fillos e como non, unha hipoteca; para que de unha forma "desinteresada" axudar a paliar a "crítica" situación dos Botín e compañía, ¡pobres banqueiros!, pero bueno, eso é outra historia.
Suponse que tiña que aproveitar este espazo para expoñer o meu curriculum vitae pero o certo é que o meu expediente académico é máis ben curto e digamos pouco brillante. No tocante o laboral, levo 25 anos como traballador municipal, quero dicir con isto, que por sorte para min, nunca tiven que facer un curriculum e non teño nin p... idea de como se fai (...).
|
 |
MARTA DE SINLLÁN (Sinllán, As Nogais, Lugo, 1981).
Chámome Marta Rodríguez López, aínda que case todo o mundo me coñece como Marta de Sinllán, o nome da miña aldea, que é tamén o que utilizo para os meus escritos. Nacín un 22 de setembro, a cabalo entre o verán e o outono de 1981. Licencieime no 2003 en Ciencias da Comunicación (Xornalismo Audiovisual) pola Universidade de Santiago de Compostela e obtiven a especialidade en Xornalismo Electrónico/Multimedia no 2004 na Università degli Studi di Bologna. A miña estadía en Italia foi dun ano, onde me quedei, despois dos estudos, a traballar como redactora/tradutora no departamento lexicógrafico do grupo Zanichelli Editore SpA (...).
|
 |
RAFAEL RAMOS FERNÁNDEZ (Becerreá, Lugo 1963).
(Becerreá, Lugo 1963). Ao mencer dun xoves santo do 1963, tras me negar a deixar o meu primeiro e tenro lar, resistinme a ollar o mundo e respirar o arrecendo do novo berce que me ía dar acobillo. Sentín na miña pel enrugada as mans firmes e teimudas, coma garimosa patela, de “Maruxa de Xil”: a comadrona que tantos novos e novas becerrenses, a quen nos quixeron ver nacer na casa, tivo a honra de darnos a benvida tralo derradeiro pulo materno. Dela recibín o primeiro azoute pois dei en chegar case afogado e adormecido, esvaído… ate o punto que só a agulla da xiringuilla me fixo acordar tras me regar con “auga de socorro” (...).
|
| |
| |
|