REVISTA “A PIPA”

En setembro de 1988 tres cativos xogan a facer una revista cultural á que lle poñen o nome de “A Pipa”. Trátase do que poderiamos cualificar coma un fanzine infantil, elaborado de maneira manuscrita e fotocopiado. Distribúeno polo pobo e axiña acadan os parabéns e o apoio de moitas e moitos veciños.

Os cativos van crecendo coa revista nun camiño iniciático que chega ata o número 26 que sae publicado no primeiro trimestre de 1995. Os seis últimos números, do 21 ao 26, foron editados pola Deputación de Lugo, a través dun acordo co Concello de Becerreá.

Na revista participaron (por orde cronolóxica das publicacións): Óscar e Rocío López Blanco, Amparo e Afonso Becerra Arrojo, Xesús Antón Chao Penela, Ovidio Villar Marcos, Sandra López González, Xesús Bermúdez Tellado, María do Cebreiro Rábade Villar, Abelardo Rábade Villar, María Pardo Vuelta, Zoilo Pardo García, Rafa Ramos, Xavier Fernández, Xulia García Álvarez, María Roca, Isabel Herrero Sevilla, Adelaida Gómez Abrao, Lupita Pardo, Paco Martín, Helena Villar Janeiro, Xerardo Pardo de Vera, Ramón Yzquierdo Perrín, Antonio Bonet Correa, Christian Gutiérrez Santín, Emilio Ureta Soto, Dani González Salgado, Marisú López Roca, Vanesa Fernández Segura, Susana Pombo López, Marta Rodríguez López (Marta de Sinllán), Marimar Montosa, María da Cruz Herbón, Rubén Fernández Sánchez, Xosé M. Fernández, Xosé L. Álvarez…

ENTREVISTAS
REVISTAS
EVENTOS
 
 
 Asociación Cultural “A PIPA” de Becerreá. CIF. G-27181825. Rúa Ancares, 57. 27640 BECERREÁ (LUGO). Email / Web Master Exóticopop